Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pol
Parroquia: Cirio (Santa María))
Lugar: Cirio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Nave de cantería cuberta de lousa a dúas augas que conserva nas paredes laterais os canzorros románicos orixinais: algúns con rostros humanos, outros animais ou xeométricos (rolos). Sobre a porta principal está reaproveitada unha pedra altomedieval coa inscrición:
+ QVI VOLUNT HINC P(ER) NOS [T]R[ANSI]
[RE] AD REGINA POLORVM ANTE OCULOS CONDITOR[IS]
[T]ERGAT MACVLAS PECCATORUM SVB HONOREM
[S](an)C(t)E MARIE ALOITVS? PR(e)S(byter)? …RESTAVRAVIT HOC TEM
[P]LVM … II
Presbiterio posterior, de forma case cúbica e cuberto a catro augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No muro sur do presbiterio un reloxo de sol de lousa con adornos xeométricos e a data “AÑO DE 1883”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf

ÓNEGA LÓPEZ, J.R. e LABRADA DÍAZ, Manuel(2006): “Piedras heráldicas, escudos e inscripciones del Concello de Pol”, Servicio de Publicaciones de la Diputación Próvincial, Lugo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.109332994237
Lonxitude: -7.3818469047546
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84