Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Insua (Santa Mariña)
Lugar: A Insua
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas da paso a un varal de sección cadrada na parte inferior, e octogonal na parte superior.
A continuacion vemos o capitel moldurado, con decoración de volutas.
O conxunto remata cunha cruz tipo latina coas arestas rebaixadas e remates dos brazos en botóns. Nela aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral recollida polas autoras do libro referenciado na bibliografía di o seguinte:
“Este cruceiro atopábase nas Estivadas, a uns 300 metros da cruz do Piñeiral. Segundo conta a dona de don Agustín Ocampo, médico da Insua, cando este cruceiro estaba no seu primeiro lugar era visitado por persoas que ían alí para desfacer encantamentos, e levaban galiñas e, quizabes, outras cousas das que non temos constancia”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360430503.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.367550513248
Lonxitude: -8.5238483764847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84