Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Insua (Santa Mariña)
Lugar: Rebordelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O que podemos ver hoxe aquí é a cruz dun antigo cruceiro.
O conxunto, rodeado por un enreixado metálico de recente factura, está formado por unha base cúbica con relevos en dúas das súas caras: unha caveras coas tibias cruzadas e un sapo coas extremidades abertas.
A continuación unha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto no reverso.

A uns poucos centenares de metros podemos ver a igrexa de Santa Comba de Rebordelo (http://patrimoniogalego.net/index.php/26690/2012/10/igrexa-de-santa-comba-de-rebordelo/)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Tradición oral:

No día da festa da Saúde (que se celebra na igrexa de Rebordelo) os romeiros dan voltas á cruz pregando favores.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-capelarebordelo.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.371520636753
Lonxitude: -8.5086388725877
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84