Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Insua
Lugar: A Insua
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas que podemos ver formando parte dun muro de peche dunha propiedade privada.
O peto, de tipo aberto, posúe unha imaxe pétrea de Santo Antón. Na parte superior da fornela podemos ler a seguinte lenda:
“FONTE SAN ROQUE”
Pola parte inferior podemos ver o caixón para as esmolas e a billa da fonte que verque as augas sobre unha pequena pía.
O conxunto remata cunha cruz no cume.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.366130200403
Lonxitude: -8.527346553207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84