Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Vixoi (San Fiz)
Lugar: San Victorio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular cunha soa nave, presbiterio que sobresae en altura e un pequeno engadido que funciona como sancristía no muro norte. Os seus muros son de carga, e aparecen revocados e pintados de branco, agás as pezas de cantería que aparecen recercando os ocos e as esquinas da fachada. A cuberta da nave é a dúas augas, o presbiterio a catro e a sancristía a tres, con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abucinada. Rompendo o vértice da fachada, unha base para espadana dun corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. Remata o conxunto un acroterio moldurado cunha cruz octogonal de pedra e flanqueada por dous pináculos piramidais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.29251790258
Lonxitude: -8.2419219061948
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84