
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Curtis
Parroquia: Curtis (Santaia)
Lugar: Brixaría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Sobre o río Mandeo e comunicando os lugares de A Brixaría (parroquia de Santaia de Curtis) e Mandeo (parroquia de Santa María de Foxado), está esta pequena ponte de construción popular, que viu pasar máis de douscentos anos de historia por el.
Está formado por catro vans alintelados con laxas de granito de bo tamaño (tres pezas por van), apoiadas nas correspondentes cepas, construídas cunha fábrica de sillería irregular, bastante ben aparellada, sobre todo en tallamares e esporóns.
Sinalar que unha variante do Camiño Norte de Santiago discorre polo lugar e que en Curtis, pódense percorrer preto de 23 quilómetros de camiño con grandes mostras da arquitectura local: casaróns, igrexas, hórreos, pontes, entre outras, e que comparten espazo coa impresionante contorna natural que debuxan o Mandeo e os montes da Cova da Serpe.
As pontes históricas son infraestruturas dun gran valor patrimonial que forman parte indisociable da paisaxe galega. Á vez, teñen unha compoñente viaria, que apontoa aínda máis a súa necesaria e indiscutible conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.cultura.gal/es/destaque-patrimonio/6114
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA024.PDF
http://www.eicduran.com/es/ingenieria_civil_historica/puentes_de_piedra/reparacion_puentes/ponte_marza.aspx
http://www.curtis.gal/index.php/es/camino-de-santiago-es
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/12/ponte-marza-curtis.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.131980262217Lonxitude: -8.0181249648787
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84