Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Babío (Santa Marta)
Lugar: O Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de planta rectangular cunha soa nave, cun pequeno engadido que funciona como sancristía no muro oriental. Os seus muros son de carga, e aparecen revocados e pintados de branco, agás as pezas de cantería que aparecen recercando os ocos e a espadana. A cuberta da nave é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice da fachada, unha base para espadana de dous corpos. O primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e serve para aloxa-la campá. O segundo un frontón piramidal cun oco circular no medio e rematado cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.309282405327
Lonxitude: -8.250965974355
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84