Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Pontes de garcía Rodríguez
Parroquia: Goente (San Martiño)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal troncocónico rematado con chafráns. O varal é circular comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel trocopiramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademais ten volutas e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita sen coroa e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é unha mistura de granito e serpentina, sendo a plataforma, pedestal e varal de granito e o resto de serpentina.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceieros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.437760223829
Lonxitude: -7.9790770415975
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84