Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Curtis
Parroquia: Fisteus (Santa María)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A primeira referencia da súa construción data do século X. Con todo, o seu estado actual de tipoloxía rural, é do s. XII- XIII.
Presenta planta de cruz latina cunha soa nave, sancristía e presbiterio. No exterior, contrastan os muros revestidos e branqueados coas pezas á vista de esquinales e contornos de vans.
Na fachada principal destacan a sinxela portada de dúas arquivoltas e a torre encostada con espadana dobre.
No interior, nave con teitume de madeira a dúas augas. O espazo entre a nave e o presbiterio está delimitado por un arco de medio punto sobre capiteis románicos apoiados en pequenas columnas.
Na ornamentación do altar sobresae o seu fermoso retablo-lenzo barroco.
Trátase dun retablo de talla popular dedicado á Virxe, restaurado en 1996, que consta de dous corpos divididos por columnas e estípites con decoración vexetal en rúa central, a imaxe da Virxe co Neno no corpo superior e a Ascensión no corpo inferior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai que destacar a celebración da Semana Santa, resaltando a representación da crucifixión de Cristo. A procesión sae dende a igrexa de Fisteus e diríxese á de San Roque de Xabriño. A medio camiño, na Illana, Xesús(representado polo párroco) atoparase coa Virxe Peregrina e despois proseguirá o viacrucis acompañado polos rezos e coa axuda de Simón o Cirineo, un dos personaxes que representarán os máis de 200 mozos que colaboran na escenificación. Non faltarán os lexionarios romanos, a figura de Poncio Pilatos ou as plañideiras que converterán o atrio da igrexa de San Roque de Xabriño no monte Gólgota. Ademais, o sábado, comezará na igrexa de Fisteus a liturxia da vixilia pascual. A continuación da celebración os fieis reuniranse para celebrar a resurrección de Xesucristo e repartirase o xa tradicional chocolate entre as miles de persoas que se congregan. Son tamén moi concorridas as festas en honra de Santa María, en Fisteus o 15 de agosto.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA018.PDF (páxina 2)

http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25019/igrexa-de-santa-maria-de-fisteus?langId=es_ES&tp=8&ctre=31#

http://www.curtis.gal/index.php/es/parroquias-n/santa-maria-de-fisteus-n-es#n%C3%BAcleos-de-poblaci%C3%B3n

http://www.curtis.gal/index.php/es/parroquias-n/santa-maria-de-fisteus-n-es/123-conocenos-nuevo/1938-patrimonio-historico-artistico-santa-maria-de-fisteus#arquitectura-civil

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/03/santa-maria-de-fisteus-curtis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.096423513054
Lonxitude: -8.1018590927124
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84