Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Tarás (San Xián)
Lugar: Barreira, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Segundo a descrición de Mariño Reino : Aséntase sobre unha plataforma de tres chanzos de base cadrada. O pedestal está formado por dous corpos : o primeiro de base cadrada de 60 cm. de lado é de perfil recto e o seu alto son 21 cm.; o segundo, de 29 cm. de alto ten forma hemiesférica, pero con tendencia a presentar as caras rectas, con caveiras sobre tibias cruzadas nas esquinas. O primeiro corpo leva unha inscrición que di : DVON (devoción) D JOSE FRNS (Fernández ?) ISV MR (mujer) ANO 1792. Na parte superior do pedestal leva en releve unha cóbrega, un triángulo con remate en dúas cabezas, un réptil de 4 patas e outra forma triangular con 2 óvalos na parte superior. O varal mede 3.20 m. de alto,comeza sendo cadrada e tórnase octogonal aos 75 cm. de alto. Esta parte inferior presenta un rebaixe rectangular en cada cara con novos releves. Unhas tenaces e uns cravos no reverso, un látigo á esquerda, un martelo no anverso e un corazón con tres cravos á dereita. O capitel, de base circular e parte superior cadrada, con lados cóncavos, vai decorado con grosas volutas nas esquinas, a figura dun bispo. Unha figura de difícil identificación, quizá un peregrino. Polo anverso un frade e á esquerda unha Santa. A cruz, de 1m .é de base cadrada, logo octogonal, con remate catrifoliados, leva por diante un Cristo algo tosco, pero moi separado da cruz, a quen abraza un frade. Por detrás unha Virxe entronizada cun cetro na mans dereita e o Neno no regazo , na parte superior, dous anxos voando, pousan unha coroa na cabeza de María.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA026.pdf
(Páxina 5 de 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8332329222
Lonxitude: -8.8963830471
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84