Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Curtis
Parroquia: Curtis (Santaia)
Lugar: Teixeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

O centro, dedicado á formación e interpretación dos valores culturais e etnográficos do río Mandeo, obedece a unha dobre función: formativa, acollendo nas súas aulas cursos e talleres; e divulgativa, a través do centro de interpretación, que pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a conca do Mandeo utilizando o río como fío condutor.
Ocupa unha posición estratéxica, próximo a algúns dos fitos patrimoniais máis destacados da conca como o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, o Campamento Romano da Cidadela e o Santuario dos Remedios.
Esta instalación está orientada a visitas didácticas e divertidas, especialmente deseñadas para mozas en idade escolar. Destacan instalacións como a Realidade Aumentada, mediante a cal se poderá visitar un campamento romano e tamén verse ataviado cun casco de centurión.
Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo do visitante. Para iso, dispón de zona de exposicións, salón de actos, aulas e albergue.
De arquitectura singular e innovadora, a súa estrutura adaptouse á parcela onde se edificou coma se fose unha parada máis cara ao río Mandeo. O edificio evoca a topoloxía de “ palleiros” tan estendida na nosa cultura galega, anexos ás nosas casas que serven de almacén, secadero..etc., creándose un edificio claro e conciso con panos totalmente cegos e outros tamizados con lamas de madeira como nas construcións tradicionais. A peza resultante é a suma de catro módulos que se unen formando un camiño máis no bosque. A cuberta recorre á solución tradicional de cuberta a catro augas que se recicla e abre ao exterior mediante lucernarios que a culminan para dotar os espazos dunha fonte natural de luz. O centro obtivo unha mención de honra na Bienal Internacional Barbara Capoochin.

Horario: De martes a venres, de 10.00 a 13.00 horas, e de 16.00 a 19.00 horas.
Sábados e domingos, de 10.00 a 13.00 horas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.curtis.gal/index.php/es/noticias/118-vivir-en-el-municipio/medio-ambiente/2107-centro-etnografico-del-rio-

http://teixeiro.riomandeo.com/?lang=es

Centro Etnográfico e Cultural do Río Mandeo

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/07/centro-de-formacion-e-interpretacion-de.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.137321
Lonxitude: -8.039519
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84