Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Insua (Santa Mariña)
Lugar: A Insua
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Calvario do año 1791 que consta dunha cruz principal e dúas laterais, xunto cun pequeno repousadoiro. O conxunto se atopa ao carón do muro do adro da igrexa parroquial de Santa Mariña da Insua ( ).

* A cruz central nace sobre dos chanzos. A súa base cúbica posúe as arestas rebaixadas. O varal comeza en sección cadrada e segue en sección cilíndrica con acanaladuras. O capitel tipo xónico posúe decoración de volutas e motivos vexetais. Por último a cruz, de tipo leñosa con nós e de sección cilíndrica. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente nos seus brazos no reverso.

* A cruz da dereita nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O seu varal comeza en sección cadrada e pasa pouco despois a octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz. O capitel moldurado da paso a unha cruz sen imaxes. O seu capitel moldurado da paso a unha cruz de arestas rebaixadas na que aparecen a imaxe da Virxe cos brazos cruzados sobre o peito e apoiada sobre unha cabeza de anxo con ás.

* A cruz da esquerda nace sobre unha base cúbica na que podemos ver unha caveira nun dos seus lados. noutra das caras existe unha inscrición moi erosionada que aínda permite ler a seguinte lenda: “año D 1791”.
O varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz.
O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cadrada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3604305.html
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-calvarioinsua.html
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280396321

BIBLIOGRAFÍA
SANCHÉZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.368077236649
Lonxitude: -8.5283103312848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84