Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas, Reloxo de sol,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Forzáns (San Fiz)
Lugar: Forzáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo aberto que podemos ver no muro de peche do adro da igrexa parroquial de san Fiz de Forzáns (http://patrimoniogalego.net/index.php/104529/2020/03/igrexa-parroquial-de-san-fiz-de-forzans/).
A fornela presenta un retablo pétreo policromado de sección cadrada no que aparece unha pequena cruz con dúas estrelas acompañada de varias almiñas como son un bispo, un cura, un freire e dúas mulleres entre as lapas do Purgatorio.
Na parte superior do retablo vemos unha caveira.
Por riba da fornela podemo ler a seguinte inscrición:
“A DEVOCIÓN DE DOMINGO ANTº BA(r)OS. 1850”.

Na parte superior do peto vemos dous pináculos nos extremos, un frontón triangular liso e un reloxo de sol cunha cruz de ferro no cume.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-alminasforzans.html
Peto de San Fiz de Forzáns

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.369357160179
Lonxitude: -8.4500160597497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84