Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Forzáns (San Fiz)
Lugar: Forzáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado e de boa altura que destaca pola súa fornela trilobulada e o seu remate en tres pináculos.
No interior da fornela podemos ver un retablo policromado no que aparecen as imaxes da Virxe co Neno sobre unha nube con dous anxos aos lados. Un pouco máis abaixo outros dous anxos axudan a dúas almiñas a sair das lapas do Inferno. Entre esas mesmas lapas podemos ver as figuras dun bispo e doutras dúas almiñas.

Na parte baixa do peto existe unha placa de mármore coa seguinte lenda:
“POR DEVOCION DE
HERMOSINDA AMOEDO CAL
COMO RECUERDO
A SU HERMANO
CASIANO”

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.368520511157
Lonxitude: -8.4497285207019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84