
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Forzáns (San Fiz)
Lugar: Forzáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Este cruceiro, que podemos ver no antigo Campo da Feira, sitúase nun pequeno outeiro.
Nace sobre catro grandes chanzos de sección cuadrangular. A súa base é troncopiramidal con molduras na que podemos relevos moi erosionados nas catro caras (un sapo coas patas abertas, un sable, unhas tíbias cruzadas cun lagarto e unhas costelas) e catro caveiras nos esquinais.
O varal é de sección cilíndrico con acanaladuras.
A continuación o capitel con volutas e caras nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade sobre una peñaa con forma de anxo no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
“A este cruceiro ofreciánselle espigas de millo das chamadas “das almas”, costume que hoxe está practicamente desaparecido.”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360430401.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Na nosa visita ao lugar (23 de febreiro de 2020) os chanzos do cruceiro estaban cheas de entullo das obras da casa anexa.
Onde está localizado
Latitude: 42.369404943649Lonxitude: -8.4566168982487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84