Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Rois (Santa Mariña)
Lugar: Casal da Agra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma dun chanzo e pedestal cuadrangular con chafráns. O varal é cuadrangular con chafráns e cunha figura no seu centro, no lado dereito e outra, pousada no pedestal, onde empeza o varal no lado esquerdo. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e con caras de anxos con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Cabeza ladeada cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coa siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no seu colo. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. Segundo algunhas informacións, o cruceiro vén de Portugal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.304731666028
Lonxitude: -8.2438665836209
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84