Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Baíñas (Santo Antoíño)
Lugar: Rabós
Outra denominación do ben: Mámoa do Rabós 2
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A necrópole do Rabós forma parte dun extenso número de campos de mámoas que se reparten pola parroquia vimiancesa de Baíñas. Podemos citar a Necrópole do Chan do Cabral, Brañas do Porco, Rabós ou as da Gándara, preto do encoro da Fervenza.
Nesta do Rabós existen dúas mámoas divididas por unha pista. Sitúanse entre os 305 e os 310 metros de altitude. Esta mámoa 2 fai división entre dúas fincas, pasando o valado de separación por riba. Presenta cono de violación e non se aprecian a simple vista restos dolménicos. Non así a mámoa veciña, que acolle a Arquiña do Rabós da que se aprecia o corredor e a cámara con parte da tampa.
Esta mámoa xunto coa da Arca formarán parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092043
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0377678469Lonxitude: -9.02134180069
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Dec 1, 2011
Como información complementaria, a noticia que recolle a merca pola Xunta e declaración de Bens Culturais
http://www.anosacosta.es/soneira_noticias/cultura_merca_14_mamoas_na_costa_da_morte_2.
Fotos na rede:
http://www.escapadarural.com/pueblos/a-coruna_bainas
Un saúdo.
Manuel Rial says:
Dec 1, 2011
As fotos do enlace panoramio son da mámoa veciña (a que sería a 2 desta necrópole) e que xa está subida neste enlace
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/09/arca-do-rabos/