Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meira (comarca) / Pol
Parroquia: Hermunde (San Pedro)
Lugar: Lourixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A plataforma está formada por tres chanzos de cachotería de grandes dimensións e sobre esta unha base cúbica coas arestas rebaixadas dividida en dous tramos.
O varal é rectangualar nos extremos e o resto coas arestas rebaixadas. Na parte superior hai unha cartela coa seguinte lenda: “NUESTRO PRE/LADO CONCE/DIÓ CIEN DIAS DE/ INDULGENCIA/ POR CADA VEZ/ QUE REZAREN UN/ PADRENUESTRO/ DELANTE DE ESTE/ CRUCERO”. O capitel consta dun ábaco recto e dun amplo equino moldurado en nacela que remata nun pequeño bocel. Na caras NW “JOSE 1939”, SW “VAZQUEZ” e na NE “POR”. A cruz é de tipo latina, “cruz de Santiago”, apuntalada e semellando unha espada con forma de flor de lis na empuñadura e nos brazos orixinaria das Cruzadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020778
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Este cruceiro foi feito, como promesa, por José Vázquez Díaz coa axuda do seu fillo José Vázquez Piñeiro. Esta familia era procedente de Ludrio, Castro de Rei, da casa de “As de Fora”. Os veciños coñécena co nome de “Diñeiros”. Na igrexa de Hermunde (no lateral Norte) hai unha placa na memoria deste canteiro. A finalidade do cruceiro era o agradecemento do pai por ter volto o fillo (nacido en 1913) da guerra civil.
Contan que unha veciña que ía lavar roupa atopou ao canteiro en plena faena e tivo que o corrixir: “Que VEZ non vai con B de burro, ho!”. Aínda se distinguen os trazos do B que viña escrito inicialmente.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf
MARIO SAAVEDRA PÉREZ. CRUCEIROS, CRUCES, CRISTOS, CHANTAS, VIACRUCIS E ESMOLEIROS DE POL (LUGO)
ÓNEGA LÓPEZ, J.R. e LABRADA DÍAZ, Manuel(2006): “Piedras heráldicas, escudos e inscripciones del Concello de Pol”, Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, Lugo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.168644377068Lonxitude: -7.3496748997072
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84