Outra fotografía:

Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Forzáns (San Fiz)
Lugar: Forzáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Nun dos esquinais do adro da igrexa de San Fiz de Forzáns (http://patrimoniogalego.net/index.php/104529/2020/03/igrexa-parroquial-de-san-fiz-de-forzans/) podemos ver este fermosos panteón feito sobre o ano 1870 en cantaría granítica.
O conxunto posúe uns 3 metros de altura e conta con dous corpos: a parte inferior é de planta cadrada e serve de sepultura. Posúe cartelas nos esquinais coas seguintes inscricións:

* “Aquí reposan las cenizas del que muchos fue llorado que a
muchos hizo bien Dios le tenga perdonado
D. Dº. Antº Pillado Viña finó el 19 de Mayo de 1869 a los 75 años de edad”.
* “De papá el benjamín
he sido en este destierro ahora
seré en el Cielo de mamá el serafín”.

A parte superior, profusamente decorada, posúe dous nichos de carga frontal. A súa decoración consta dun edículo cadrado que remata cun pináculo no centro e catro esculturas alegóricas nos esquinais: un anxo tocando a trompeta anunciando a Resurrección, unha figura feminina orante con tres anxos aos lados representando a Salvación, unha figura masculina espida entre as lapas e a punto de ser devorado por unha besta representando o Inferno, e a Morte.

Próximo ao panteón podemos ver tamén un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/104533/2020/03/peto-de-animas-no-adro-da-igrexa-de-san-fiz-de-forzans/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-panteonforzans.html#
http://www.oocities.org/xufp/panteon_Forzans.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.369350904044
Lonxitude: -8.4497361268744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84