Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Caritel (Santa María)
Lugar: A Fraga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte dun muro de peche dunha finca. Está divido en dous corpos separados por unha moldura recta na parte dianteira. Na parte inferior existe unha cartela moi erosionada na que podemos ler a seguinte lenda:
“A DEVOCION DE
MANUEL CABIRTA
CONCHA”.
Na parte superior podemos unha fornela cadrada protexida cun enreixado metálico na que aparece un retablo de madeira policromada coas imaxes de Santo Antón co Neno no colo e 5 almiñas na parte inferior. Na fileira superior vense dúas, a da dereita é recollida por un anxo de grandes e despregadas ás. As tres inferiores adoptan unha posición estática e de recollemento, as mulleres coas mans cruzadas sobre o peito e, o home, con elas unidas en posición de rezar.
Baixo o retablo vemos o caixón para as esmolas cunha tampa metálica.
O conxunto remata cunha cruz metálica sobre un pequeno pedestal moldurado.
Aos laterais do peto podemos ver uns caixóns metálicos para gardar as candeas acendidas.
Anteriormente a este peto existía outro que, coas crecidas do río, quedaba asolagado.
Ao carón do peto podemos ver tamén os coñecidos como Pasos da Fraga (http://patrimoniogalego.net/index.php/104599/2020/03/pasos-de-a-fraga/).
Segundo recollo na bibliografía utilizada,: “el día 20 de abril de 1873, en la Casa Rectoral de Santa Baia de Ponte Caldelas, Manuel Cabirta, su mujer María Concha y sus hijos Xosé y Manuel entregan al abad de esta feligresía, Antonio Martínez Peso, la llave de este peto que construyeron y costearon en un terreno de su propiedad. Confían en que el abad nombre una persona responsable que se encargue de recoger y entregar las limosnas para que se destine a sufragar sufragios por los difuntos.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-pasosfraga.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.392914437392Lonxitude: -8.4640850510002
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84