Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Laxoso de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de ánimas que nace sobre un so chanzo de sección cuadrangular. A súa base paralelepípeda da paso a unha repisa que fai de mesa, e sobre a que se asenta o resto do cruceiro e o retablo pétreo das ánimas.
Un varal de sección cilíndrica da paso a un capitel troncopiramidal invertido que posúe decoración de volutas e adornos vexetais.
Por último a cruz, de sección cadrada e na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe orante sobre unha peaña con forma de anxo no reverso.

O retablo consta de dúas partes: unha superior na que aparecen tres imaxes moi desgastadas que se corresponden á Virxe do Carme co Neno no colo, San Francisco e San Miguel Arcanxo; a parte inferior presenta 3 almiñas, unha delas collendo o cordón do hábito dun dos santos da parte superior. Tamén aparece a imaxe dun anxo que leva unha espada nunha man e unha balanza na outra.
Na parte baixa do retablo un pequeno oco funcionaba como caixón para as esmolas.

Ao seu carón podemos ver o Peto de ánimas de Laxoso de arriba (http://patrimoniogalego.net/index.php/104642/2020/03/peto-de-animas-de-laxoso-de-arriba/), conformando un fermoso conxunto.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3604311.html

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.402137075349
Lonxitude: -8.4825759546503
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84