Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Laxoso de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado feito en pedra granítica que consta de fornela con arco de medio punto e pilastras laterais con pináculos.
A fornela, protexida cun portalón metálico, garda un fermoso retablo de madeira policromada na que aparecen as imaxes de San Francisco con dous anxos aos lados, e 7 almiñas entre as lapas do Purgatorio. Este retablo procede do altar das ánimas da igrexa parroquial de Ponte Caldelas.
Ao carón do retablo podemos ver un pequeno peto feito en madeira cun pequeno retablo no que aparece un anxo alado e 3 ánimas entre as lapas. O petiño posúe unha cartela que di: “LAXOSO”.

Este peto ven a substituír un máis antigo e de menor factura que se atopaba no muro dunha casa hoxe desaparecida fronte o lugar que hoxe ocupa o que hoxe podemos ver.

Ao seu carón podemos ver o Cruceiro de ánimas de Laxoso de Arriba (http://patrimoniogalego.net/index.php/104638/2020/03/cruceiro-de-animas-de-laxoso-de-arriba/), conformando un fermoso conxunto.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.40210752834
Lonxitude: -8.4826273498628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84