Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Laxoso de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado situado ao carón da estrada e construído no ano 1943.
O conxunto, que semella unha pequena capeliña, posúe un pequeno porticado con dúas columnas. Na parte superior vemos dous pináculos e unha cruz sobre unha base moldurada.
Presenta unha fornela protexida cun enreixado metálico. Baixo a mesma un azulexo contén a seguinte lenda:
“OTA.
DE
J M M.
dts. de Sn. Jn.
1943.”

No interior da fornela podemos ver unha imaxe de San Xoán cun caxato en forma de cruz sobre o que cae un filacterio que contén a seguinte lenda: “ECCE AGNUS DEI”. Xunto a el un año sobre un pedestal con forma de árbore. Na parte baixa da fornela o caixón para as esmolas.

O conxunto de cadros eléctricos no interior da fornela afean o conxunto de xeito notable.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.397822022604
Lonxitude: -8.4786358156842
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84