Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Baia)
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este peto de ánimas forma parte do muro dunha propiedade privada. Aparece pintado en colores azuis e branco.
Feito no ano 1863, o peto presenta unha fornela protexida cun enreixado metálico, de arco rebaixado, pilastras laterais e cornixa a dúas augas con pináculos de bola laterais. Entre a fornela e a cornixa podemos ler a seguinte lenda:
“AVE MARIA PURISIMA”
O conxunto remata cunha repisa con cruz sinxela no cume.

No interior da fornela vemos un retablo pétreo de Santo Antonio con dous anxos alados a cada lado, e un conxunto de 5 almiñas. Unha delas cun bonete, outra colle o cordón do hábito do santo, e outra lle colle a man.

Próximo a este peto podemos ver outro de recente factura (http://patrimoniogalego.net/index.php/104655/2020/03/peto-de-animas-no-lugar-de-pazos/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.385973915413
Lonxitude: -8.4938770550351
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84