Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santa María)
Lugar: Tivo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación do século XVIII de planta en forma de L, con baixo e primeiro andar e cuberta a dúas augas. Na súa parte dereita podemos ver o que parece unha torre con cuberta a tres augas.
A fachada principal presenta ventás rectangulares con varandas e na que destacan dúas pedras armeiras das familias de Villardefrancos, Moreira, Caamaño, Mosquera, Maza, Bermudez, Castro e Somoza.
O pazo posúe tamén un pombal e un hórreo de grandes dimensións.
O pazo foi creado polo matrimonio formado por Gregorio González de Caamaño e Gracia Rodríguez de Castro (filla de Diego de Castro e Gracia Rodriguez de Sotomayor e Villardefrancos.
Este matrimonio, procedente das liñaxes dos pazos de Rubiáns (http://patrimoniogalego.net/index.php/83232/2016/02/pazo-de-rubians/) e Vista Alegre (http://patrimoniogalego.net/index.php/81485/2015/12/pazo-de-vistalegre/) de Vilagarcía de Arousa, foi honrada polos Reis Católicos polo seu valor na conquista de Granada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CALDASDEREIS/documents/28055ca003.PDF (Ficha A_100 – Páxina 66 e 67)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.592198043552Lonxitude: -8.6415903004937
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 3, 2020
Primeira das pedras armeiras.
Oscar Franco says:
Xul 3, 2020
Segunda pedra armeira.
Ana says:
Xul 26, 2024
Es una pena el estado actual de este Pazo. Abandonado, lleno de maleza y basura, con partes derrumbadas