Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Rubiacós (Sta Cruz)
Lugar: Rubiacós
Outra denominación do ben: Capela de Rubiacós
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela dedicada a San Antonio de unha única nave e planta rectangular con muros de sillaría de 5,50 x 7,50 m aproximadamente, con cuberta de tella a tres augas. Fronte con pequena espadana dun van cun pequeno campanil, con remate en cruz de pedra e pináculos rematados en bolas de pedra.
Ten unha orientación Norte Sur, nos muros laterais ten pequenos ocos a modo de ventás verticais. Tamén ten ocos, neste caso horizontais, nos laterais da porta de entrada, situada no lado Sur.

Pola parte traseira ten unha fonte encostada, con pilón para que bebera o gando.
Esta capela sitúase no centro da aldea en zona acondicionada en altura sobre o camiño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/Memorias/Ordenacion/TOMOIV/Catalogo.pdf (P.56)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387032
Lonxitude: -7.703085
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84