Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Luintra (Sta Olaia)
Lugar: Luintra (Proximidades)
Outra denominación do ben: Tumba de Luintra
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Sartego medieval localizado detrás da ábsida da capela de Santa Olaia de Luintra, coñecido como “A Tumba da Virxe”. Está escavado nunha rocha que aflora na ladeira que descende cara o regueiro de Viñoás.
O rochedo acolle unha sepultura antropoide escavada na rocha e cunha orientación E-W. A lonxitude total do sartego é de 2,16 m, incluíndo o rebaixe da tampa localizado aos pés do sartego. A anchura máxima da peza é de 50 cm, mentres que a mínima, localizada á altura dos pés, acada os 30 cm


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32052007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/Memorias/Ordenacion/TOMOIV/Catalogo.pdf (P.275)

https://megaliticia.blogspot.com/2019/02/tumba-en-santa-eulalia-luintra.html

Eguileta Franco, J Mª & García Valdeiras, M: Memoria do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do concello de Nogueira de Ramuín. Inédito. Ourense. 1997


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.413187
Lonxitude: -7.72668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84