Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Moruxo (San Vicenzo)
Lugar: Moruxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave dividida en catro tramos separados por arcos apoiados en ménsulas. Ten un pequeno engadido no muro sur que funciona como sancristía. O presbiterio está separado da nave por un arco triunfal de medio punto con pilastras. Os seus muros son de carga, e aparecen revocados e pintados de branco, agás as pezas de cantería que aparecen recercando os ocos e esquinais. A cuberta da nave é a dúas augas e a da sancristía a tres, con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso. Sobre o ingreso vai un oco rectangular e rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco rematado por unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.330650558764
Lonxitude: -8.2259498273272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84