Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro
Lugar: Montetorán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Sobre unha gran laxe de pedra no cumio do Montetorán, ó norte da ermida, sitúase este templete ou oratorio que servía para dar misas ó aire libre.

Construíuse a finais do século XIX para poder celebrar a misa os días da feira da Piroga. Resulta que na ladeira do monte, no campo da feira, xa había unha ermida dedicada a San Roque (avogado da peste, para evitar as enfermidades dos animais e das persoas). Alí celebrábase a misa os domingos de mercado para todo aquel que quixera. Pero o barullo que se formaba entre berros de compradores, vendedores e animais facía imposible que os fieis escoitasen a misa como era debido. E iso para as altas xerarquías non sentaba ben. En 1741 o visitador pastoral deixou constancia do escándalo que se formaba na feira e o difícil que era oficiar misas nesas circunstancias. Así que o arcebispado decidiu que non se volvese misar alí, ameazando coa excomuñón.

A ermida de San Roque da Piroga, logo de varios litixios pola súa propiedade, foi vendida. Por iso houbo que buscar outro lugar para ter misa os domingos de feira e lonxe do ruído do mercado. Así se decidiu levantar este templete no alto do monte.

A construción de bloques de granito é de planta case cadrada e remata nunha pirámide cunha cruz no cumio. En cada cara ábrese un van rematado en arco de medio punto baixo. Nunha cara ten a entrada para acceder ó altar, tamén de pedra. Antigamente contaba con ventás.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X.M. e REI LEMA, X.M. (2007) «A feira de Baio. O mercado máis antigo da Terra de Soneira.» Ed. Tórculo Artes Gráficas. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14552455172911
Lonxitude: -8.968770503997803
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84