
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Palas de Rei / Ulloa (comarca)
Parroquia: Ribeira (San Salvador)
Lugar: San Salvador
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
No lugar de Ribeira, a 9 kilómetros ao norleste da vila de Palas, perto da igrexa parroquial e fóra do adro-cemiterio, localízane este cruceiro.
Levántase sobre unha plataforma de dúas gradas cuadrangulares, unha delas xa cuberta por cemento. Un pedestal cúbico suxeita un fuste prismático octogonal que remata nun capitel tronco-piramidal invertido con colariño, e que soporta unha delgada e lisa cruz latina.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020204
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Deste cruceiro tense a testemuña oral dun informante que sinala que foi construido a mediados dos anos 30 do século XX, e para custear a súa fábrica venderan os veciños un “castiro” (castiñeiro) que había no adro-cemiterio. Coa súa ganancia e coa axuda económica dos vecinos fixeron o cruceiro. Este foi derrubado por un tractor a finais do século XX; tivo que facerse unha “vara” de novo e pagou o seu arranxo o seguro do tractor.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
– http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
BIBLIOGRAFÍA:
– PEREIRO PÉREZ, Xerardo, Equipo de investigación “Pallatiuin Regis Witiza”: “Os cruceiros do municipio de Palas de Rei”. Boletín do Museo Provincial de Lugo, Nº 7, 2. 1995-1996.
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/1294608.pdf (Pax. 37 do PDF)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.924057Lonxitude: -7.796871
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 24, 2020
Engado a seguinte referencia web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/270403301.html
E a seguinte referencia bibliográfica:
Pereiro Pérez, X. “OS CRUCEIROS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI”. BOLETÍN DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO (VII), Vol. 2. 1995/96.