Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes (comarca) / Trazo
Parroquia: Chaián (Santa María)
Lugar: A Irexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A construción primitiva da igrexa de Santa María de Chaián, de finais do século XII ou principios do século XIII, pasou por importantes remodelacións no 1676 e no segundo terzo do século XVIII, que deron como resultado o templo actual, se ben aínda se conservan algunhas partes de maior antigüidade e factura medieval, como a cabeceira.

Ten planta de cruz latina co brazo lonxitudinal de maior anchura que o transversal e a cabeceira bastante destacada. Muros de perpiaño granítico con cuberta a dúas augas e tellado de tella. Sancristía acaroada a un dos laterais.

Nos laterais existen contrafortes nos que descargan os arcos faixóns da bóveda de canón do interior, e canzorros sostendo a cornixa. Un deles ten perdido a decoración, mentres que os tres restantes presentan o mesmo modelo, con follas abstractas envolvendo unha bóla.

En contraposición, nun estilo clásico, érguese a fachada erixida nos últimos anos do século XVIII e os primeiros do XIX, ornamentada con pilastras dóricas e un frontón triangular que sostén un campanario cadrado coroado por unha cúpula e decorado por pináculos e bólas.

No interior, a capela maior é canto se conserva da igrexa románica, o cruceiro cóbrese cunha curiosa bóveda de madeira de lados irregulares, na que se combina un abovedamento de arestas cunha pequena cúpula situada na clave deste. Gran parte da iluminación da igrexa entra a través desta cúpula e do óculo da fachada. A cubrición de madeira continúa ao longo da nave en forma de canón. Tanto a capela maior como as pequenas transversais, sepáranse da nave por arcos de medio punto. O arco triunfal é, neste caso, sostido por pilastras. Prolóngase nunha bóveda de canón reforzada por outro arco faixón sostido por columnas. Na bóveda consérvanse pinturas ao fresco. Ten un retablo barroco no seu interior.

A igrexa de Santa María de Chaián, presenta numerosas semellanzas con San Xoán do Campo, co que parece indicar a presenza dos mesmos artífices e unha construción que, se non foi coetánea, polo menos debeu de ser consecutiva. Existe por tanto, un certo aire de familia, entre os templos deste municipio, ao cal puideron desprazarse a traballar talleres procedentes da fábrica de Santa María de Cambre.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
– Ficha Catálogo PXOM de Trazo (Pax 16 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/28088ca001.PDF

– http://concellodetrazo.es/turismo-elementos-patrimonio/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-chaian/

– https://www.mancomunidadeordes.gal/turismo/trazo-7698/arquitectura-relixiosa-1898/igrexa-e-cruceiro-de-santa-maria-de-chaian-7619.html

– http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Chai%C3%A1n&localidad=A%20CORU%C3%91A


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.966885
Lonxitude: -8.535251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84