Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Castriz (San Pedro)
Lugar: Xallas de Castriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de salón formada por unha soa nave e unha capela maior cadrada cunha sancristía apegada ó muro norte con acceso dende o interior.
En 1854 cubriuse con bóveda de canón soportada por arcos faixóns que descansan sobre unha cornixa corrida. Desta mesma época é a tribuna de madeira que atopamos ós pés da nave e á que se accede por unha escaleira en “L”. Complétase o conxunto cun baptisterio no muro sur. A nave está cuberta a dúas augas e a capela maior maila sancristía a tres con tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta rectangular adovelada enmarcada cunha ornamentación nos baquetóns afundidos. Sobre o ingreso un van de luz rectangular que dá luz ó coro. Rompendo o pentágono e flanqueado por dous pináculos piramidais, a base para unha espadana de dous corpos decorado con tres pequenas placas e cilindros. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón curvo flanqueado por dous pináculos piramidais e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volume X. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA003.PDF (Páx. 7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.074010959828
Lonxitude: -8.7745486642237
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84