Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Xornes (San Xoán)
Lugar: Froxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de planta en cruz cunha soa nave e varias capelas laterais acaroadas de diferentes alturas. Sufriu diversas intervencións como a reforma da cabeceira ou do interior. Conserva algúns elementos románicos da anterior igrexa como son os canzorros baixo a cornixa, as xanelas con columnas acubilladas e o pórtico lateral sobre columnas que cobre a porta de acceso. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cantería á vista ó exterior. A nave presenta unha cuberta continua en altura coa cabeceira, a dúas augas e a tres augas sobre os brazos da cruz con cubrición de tella curva do país.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso vai unha fornela coa imaxe do Santo, máis arriba, un oco circular abucinado. Nos laterais do tímpano dous pináculos piramidais rematan a composición. Rompendo o vértice do pentágono sitúase unha base para unha espadana de dous corpos Franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. No segundo corpo un remate sobre cornixa dun frontón triangular con oco flanqueado por dous pináculos moldurados e coroado por un acroterio cunha cruz octogonal de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca001.PDF (Páx. 20).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.249700829574
Lonxitude: -8.7940188770077
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84