Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Añobre (San Pedro)
Lugar: A Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No lugar da Costa, parroquia de Añobre, atopámonos con esta agraciada filigrana feita en pedra, que se levanta sobre unha plataforma de tres chanzos, sobre a que se asenta unha base monolítica. Dela ascende un fuste de sección cuadrangular na parte inferior e coas arestas rebaixadas ata o capitel.

Está decorado na fronte coas figuras en relevo de San Pedro e San Antonio de Padua.

Está coroado por un traballado capitel, ornamentado con volutas nas súas catro esquinas e unha cuncha de vieira no centro, sobre o que se alza unha cruz coa imaxe no anverso de Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai atado á dereita.

Polo reverso da cruz queda a Virxe en actitude de orar sobre unha peana.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan as lendas: “Na guerra contra os franceses, cando estaban por Añobre, o seu capitán enterrou na Costa, alá no monte, ao lado dun carballo, un tesouro con miles de moedas de ouro. Xa fai tempo que se buscou, mais que se saiba ninguén o atopou. O carballo xa non está, alguén o talou”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=2437

– https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/10/cruceiro-da-costa-vila-de-cruces.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.81451
Lonxitude: -8.32703
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84