Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha / Bergantiños (comarca)
Parroquia: Montemaior (Santa María Madalena)
Lugar: Cumiáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Esta capela, de pequenas dimensións, caracterízase por ter planta de salón, unha única nave e ábsida rectangular, comunicados por un arco de medio punto.
A cuberta é de dúas alturas e de dúas augas, con cuberta de tella do país, sendo os muros de cachotería enlucidos.
No interior, a ausencia de ornamentación e a cachotería á vista confírenlle unha gran simpleza e recollemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A capela estivo totalmente abandonada. Durante a restauración aproveitáronse as vigas de madeira e a pedra exterior, pero o resto do edificio sufriu un completo lavado de cara.
Agora loce como nova, mesmo o seu curioso altar que, segundo unha tradición pagá quitáballe a sombra aos nenos. Os pequenos con algunha enfermidade debían pasar por baixo da mesa sacra, mentres as Tres Marías “tres mulleres da zona así chamadas” recitaban unha oración. Despois o pequeno era lavado nunha fonte próxima e se aos tres días non melloraba « acabábase todo».
Tamén foi rescatado o culto grazas ao labor do sacerdote Isolino Esmorís, que outrora percorría as catro igrexas de Montemaior para dicir misa todos os domingos. Hoxe ofíciase os domingos que coinciden coa feira de Paiosaco.
Esta parroquia reúne tal variedade de atractivos etnográficos e patrimoniais, que case podería ser vista como un exemplo a escala en grao sumo singular da cultura de Galicia: concentra numerosas medoñas; castros; restos dunha torre medieval (a do Viso); cruceiros de excelente factura; muíños; varias capelas fermosas como esta; carballeiras; ademais de romarías como a de Santa Margarita, ás que acoden miles de romeus; lendas; costumes ou ritos sanatorios(coas súas fontes correspondentes) que afunden as súas raíces no paganismo e que a cristianización aproveitou e como non, dispersión rural e perda de poboación.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (páxina 7)

http://www.alaracha.gal/gl/item/patrimonio/1/capela-da-nosa-seora-de-cumins/

http://www.alaracha.gal/turismo/gl/list/28/capela-de-nosa-senora-de-cumians/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2005/03/12/laracha-recupera-iglesias/0003_3541396.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/01/21/montemaior-parroquia-rica-paisaje-patrimonio/0003_7475369.htm

http://www.alaracha.gal/gl/item/parroquias/9/parroquia-de-montemaior/

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/06/nosa-senora-de-cumians-laracha.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.18651
Lonxitude: -8.57095
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84