
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santa María de Figueiras
Lugar: Correxíns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
O conxunto dos petróglifos do monte de Correxíns en Santiago de Compostela está formado polos seguintes motivos: Un, circular concéntrico, conformado por un grupo de catro motivos circulares simples: o primeiro con cinco aneis; o segundo con tres aneis e cazoleta sobre un deles; o terceiro con oito aneis e cazoleta sobre un deles, presentando asemade dous radios con direccións sur e oeste; o cuarto con catro aneis, atravesado por unha canle en dirección sur. Outro, composto por sete motivos circulares concéntricos simples: o primeiro, con anel concéntrico e cazoleta central; o segundo, con dous aneis; o terceiro, con tres aneis, cazoleta central e trazo radial en dirección sur; o cuarto, con cinco aneis e cazoleta central; o quinto, con tres aneis e cazoleta central; o sexto, con un anel con cazoleta central; o séptimo, con tres aneis e cazoleta central.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A piques de ser danado por ter a carón un camiño polo que pasa de cote maquinaria agrícola
Onde está localizado
Latitude: 42.89430434547075Lonxitude: -8.57681393623352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Manuel Gago says:
Mai 26, 2011
Que marabilla de foto! Xa estou tardando en visitalo. 🙂
adela suma says:
Mai 30, 2011
extraordinaria foto; la belleza y la percepción del espacio y de la historia es algo digno de ser transmitido, y no un conjunto de datos olvidado en una estantería, durmiendo el sueño de los justos
Fabas de raposo says:
Mar 9, 2014
Boas,
Quería comentar que hoxe estiven tanto no petroglifo de Correxíns coma no de Vilestro, que queda na volta da estrada, non fun capaz de atopalos. Teóricamente eu estaba nas pedras onde están situados pero ali non se vía nada. O de Correxíns intuíase, pero era máis unha sombra que outra cousa; e o outro nada de nada. Pensei que ó mellor están tapados polos musgos e as humidades das treboadas deste inverno. Pódese facer algo?
Roi says:
Dec 11, 2016
E que está sinalización está mal, o petroglifo atópase máis ao sureste