
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: A Laracha
Parroquia: Soandres (San Pedro)
Lugar: Silvoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na Costa da Morte hai un bo número de pedras oscilantes. A máis famosa, sen dúbida, é a “pedra de de abalar” de Muxía, que forma parte dun santuario lítico que deu lugar a numerosos ritos e mesmo pode estar detrás da creación do mesmo pobo. Pero hai outras rocas que se moven, tamén interesantes e atractivas, como esta da Laracha.
A Pedra da Cabirta é a pedra oscilante ou pedra de abalar máis grande da Costa da Morte e atópase na área do vello Coto dá Cabra, no monte Silvoso, parroquia de Soandres.
Unha pedra de abalar, é unha roca de certo tamaño que está nun equilibrio tal, que a aplicación dunha pequena forza nalgún dos seus puntos, xa sexa polo vento ou por unha persoa, fai que se mova ou oscile. Xeralmente son de orixe natural, formadas por erosión ou por efecto dos glaciares, pero noutros casos son megalitos realizados polo home.
A Pedra da Cabirta pesa entre 50 ou 60 toneladas, estímase que ten 6,5 metros de longo por 2,5 metros de ancho, e unha altura media dun metro e medio aproximadamente. Pode moverse por unha soa persoa sen moito esforzo e a marxe de oscilación é pequeno (uns 15 cm), pero tan pronto como colle ritmo, xera o típico toqueteo das pedras de abalar.
Esta fascinante masa rochosa, atópase rodeada doutras caprichosas formacións modeladas co paso do tempo polo vento e a auga. Mágoa que a espesura que domina, está composta integramente por eucalipto.
No Concello pensaron incluíla no Plan Especial de Patrimonio, pero non puido ser por non estar catalogada. Agora pensan que pode encaixar no catálogo de paisaxes ou lugares peculiares.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existe unha ampla variedade de crenzas asociadas con estas pedras. Debido á súa estraña natureza, as pedras abaladoiras ou oscilantes, ás veces, tiñan un culto máxico-relixioso ao que se asociaban principalmente polos seus poderes adivinatorios, pero tamén por ritos de paso, curación, bruxería ou druidismo. As pedras que se movían co vento podíanse utilizar nalgúns casos para determinar a culpabilidade ou inocencia dun acusado. Aínda que se atopan en todo o mundo, son especialmente interesantes, pola súa importancia etnográfica e antropolóxica as existentes en España, sobre todo en Galicia, Francia ou Gran Bretaña.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2016/10/05/cazador-halla-nueva-piedra-abalar/0003_201610C5C7993.htm
https://www.alaracha.gal/turismo/gl/list/43/pedra-da-cabirta-/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2016/04/12/laracha-abala-piedra/0003_201604C12C6991.htm
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/06/06/ruta-as-pedras-soandres-ultima/1298326.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Piedra_balanceante
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/11/pedra-de-abalar-da-cabirta-laracha.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.20023Lonxitude: -8.52152
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84