Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Laracha
Parroquia: Soandres (San Pedro)
Lugar: Silvoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O monumento funerario do Forno dos Muros de Silvoso, ten un diámetro de 36 metros e a altura, de 1,75 pola zona noroeste.
O túmulo, moi alterado, é de grandes dimensións, con oco central de 11 por 13 m., e 1,5 m. de fondo, no que aínda se manteñen en pé dúas pedras megalíticas de granito que conformaban a cámara interior.
Despois aparecen dúas pedras tombadas, unha delas partida á metade, na que se ven as marcas dos buracos dos barrenos, quedando un terceiro fragmento inferior aínda fincado no terreo. Da outra só queda un único fragmento, tamén rota intencionadamente.
Dentro do buraco central tamén se poden ver restos da coraza pétrea do túmulo, conformada por pedras de granito de tamaño medio.
Desgraciadamente, a masa tumular está cuberta de eucaliptos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA-15041019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA010.PDF (páxina 20)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.20332
Lonxitude: -8.5083
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84