Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Cambre (San Martiño)
Lugar: Igrexario da igrexa de Cambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado con molduras. Ten unha mesa acaroada. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo octogonal e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. As súas esquinas están decoradas con volutas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con chafráns. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á esquerda cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña dun anxo con ás e coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.282764521489
Lonxitude: -8.7666794773362
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84