Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Riós
Parroquia: Navallo
Lugar: Navallo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Para salvar unha das foxas hidrográficas máis fortes que hai no leste galego, o Mente, houbo que facer unha ponte monumental como a do Mente. É do século XVIII e encádrase na construción dos camiños reais de Carlos III. Toda a construción ten arredor de 250 metros de lonxitude, contando coa propia ponte e a plataforma necesaria para manter o nivel da estrada entre as dúas ladeiras enfrontadas. Ten uns seis metros de anchura, pero o taboleiro está esgazado polo desuso e a falta mantemento, non conservando ningún equipamento tipo petrís. Está feita con fábrica de sillarejos moi ben ensamblados recheo de entullo, morteiro e cachotería na parte interna, con pedra xistosa da que se atopa nestes montes. O arco non é moi longo, uns oito metros, pero o van sube ata os vinte metros, convertíndoo nunha ponte espigada e estéticamente fermosa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.999944424027
Lonxitude: -7.252508157841
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84