Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xermade
Parroquia: Roupar (San Pedro Fiz)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de catro chanzos; o último con voo feito en granito, e pedestal troncopiramidal moldurado. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. No varal móstranos os símbolos da paixón: escada, espada, tenaces, martelo, cravos e custodia. Ten un capitel troncopiramidal con ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas e caras de anxo con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. No anverso da cruz había dúas figuras pero, hoxe tan só queda a figura da esquerda cunha cruz na man dereita e un libro na esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre o abdome. O cruceiro é todo de granito agás os tres primeiros que son de xisto cun bo estado de conservación.
O cruceiro é obra de Julián Fontenla feito no ano 1827, escultor con orixes en Cuntis e, polo tanto, é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido no Diario Oficial de Galicia da nova Lei 5/2016 de 4 de Maio do Patrimonio cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.422194978194
Lonxitude: -7.7647548408614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84