Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xermade
Parroquia: Roupar (San Pedro Fiz)
Lugar: A Casanova, Roupar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular fabricado con muros de cachotería de pizarra e sillería de granito nas partes nobres, que aparecen rebocados de branco, con cuberta de pizarra a unha, dúas e catro augas. Posúe unha gran antigüidade como demostra a súa estrutura: campanario separado ó estilo medieval; dobre fachada con alboio intermedio; única nave, de 20 mts de lonxitude, con cúpula sinxela no presbiterio, ó que se accede baixo un arco de medio punto; teito artesoado de madeira en forma trapezoidal; retablo maior de estilo barroco sobredourado en ouro, e dous retablos laterais con arte churrigueresco, situados en sendas forneliñas coroadas con arcos tamén de medio punto; dous departamentos paralelos ó presbiterio, dedicados un a sancristía e o outro a trasteiro. Foi restaurada en 1993 con teitume nova de madeira nobre de castaño, chan de pedra serrada, lucidos, etc, co que se recobrou o seu antigo esplendor.
A torre-campanario sitúase a poucos metros do templo, constando de tres corpos: o primeiro de granito cun reloxo de sol nunha das súas esquinas, o segundo de cemento con catro arcos onde se albergan as dúas campás e o derradeiro, tamén de cemento, con remate piramidal. Este engadido superior de cemento débese á destrución da parte antiga polo impacto dunha descarga eléctrica provocada por unha tormenta no ano 1967.
o referido campanario; como escribiu don Enrique Rivera Rouco, párroco das Pontes e de Roupar, “antes de que fora danado por unha descarga eléctrica de tormenta, no ano 1967, era unha obra egrexia, sobresaíente no seu formato e fabricación seguindo os cánones escultóricos do estilo de transición barroco neoclásico, con planta cadrada poligonal, uns 18 metros de altura, dous corpos cada un con catro ocos rematados en arco de medio punto, sendo de maior tamaño os do primeiro para alberga-las campás, cúpula redondeada tendente a cónica, cunha terminación alargada, a modo de estilete dotado de veleta xiratoria e cruz de forxa.
Sobre as esquinas estremas do segundo corpo, ó lado da cúpula, presentaba catro remates rematados en cabeza esférica.
Toda a obra exhibía en granito repisas, profusión de molduras, releves, un artístico balaustre (tamén de granito) como antepeito baixo. En suma, fermoseado por pezas, todas de granito, talladas, perfectamente pulidas e elaboradas, rematando en molduras”.
Hoxe só se conserva a parte que, dende o chan sube ó primeiro corpo, coa súa cornixa o mesado das campás, escaleira de caracol na seu interior e o primitivo reloxo de sol en granito.
Tras el sinistro non se conservan as pezas, senón que, por falta de medios económicos a parte derrubada foi substituída por unha imitación pobre lograda a base de formigón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– “DON ENRIQUE RIVERA ROUCO E A PARROQUIA DE ROUPAR”. Asociación informática ‘AMIGUS’. Nova do 25 Setembro, 2006.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.422148486535
Lonxitude: -7.7648529410362
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84