Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro (A Lavandeira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situada no camiño da Lavandeira a Taxes no lado dereito da estrada, accédese a ela subindo unhas escaleiras para salvar o desnivel. Non se coñece a data da súa construción. Carece de arqueta e o rego polo que discorre a auga ten moi pouco fondo. Ten unha pía coas pedras inclinadas para facilitalas tarefas de lavado e unha pequena lousa na que se pousan os caldeiros. Hai uns anos púxoselle un banco e reforzouse todo con cemento para evitar o avance dos eucaliptos. Ten un caudal de 9.612 litros diarios a unha temperatura de 15ºC.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7653531568
Lonxitude: -9.0814769268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84