Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Soñeiro (San Xián)
Lugar: A Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular cunha soa nave e cabeceira recta. Posúe uns volumes acaroados todo ó longo do muro norte, con menor altura que a nave principal. A cubrición resólvese a dúas augas, a prolongación do aleiro cobre os volumes laterais, con tella cerámica plana. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, con cantería á vista en esquinais e ocos. Consta dunha porta e dúas xanelas rectangulares no muro lateral norte da nave. O testeiro posúe cornixa de cantería con dous pináculos moi ornamentados rematando os esquinais tamén de cantería e cruz de pedra central.
A fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada cunha moldura superior coa forma dun arco de medio punto. Sobre o ingreso atópase unha xanela rectangular cun balcón de pedra e balaustrada de forxa. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueado nos esquinais por pináculos moi moldurados rematados en bóla. Ademais consta dunhas volutas espirais que unifican a cornixa curvilínea. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Orazo (A Estrada). O segundo corpo un frontón triangular curvo cun oco circular e rematado por un pináculo e unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx. 8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.328318960013
Lonxitude: -8.290206503943
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84