Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Veigue (Santa Comba)
Lugar: Chan da Aldea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía apegada ó muro norte. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, e cantería á vista en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e a tres sobre a cabeceira, con chapas de fibrocemento.
A fachada principal de gran sinxeleza, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos, enfuscada e pintada. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para alberga-las campás. Neste caso tan só ten unha campá elaborada en Villanueva de la Serena (Badajoz). O segundo corpo un frontón triangular sobre cornixa, cun oco trilobulado. Nos laterais sitúanse dous sinxelos pináculos e coroando todo o conxunto unha cruz de forxa. Ante a porta de acceso construíuse un pórtico con cubrición a unha auga con tella curva do país e sostido por dous piares dunha peza de granito cos capiteis moldurados.
Como noutras igrexas do rural galego, o cemiterio aparece dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx.9).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.375612308708
Lonxitude: -8.297553390564
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84