Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Os Vilares (San Vicenzo)
Lugar: As Reixas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Nas inmediacións do templo parroquial, atópase o coñecido como “Calvario dos Vilares” de finais do século XVIII e autoría de Felipe de Sá, canteiro da veciña parroquia de San Salvador de Parga.
No conxunto de tres cruceiros de granito, represéntanse a pasión e morte de Xesús. “Antano houbo 14 cruces pequenas, que formaban un viacrucis…”.
O cruceiro central álzase sobre plataforma de catro chanzos, na que se asenta a base de forma paralepípeda con moldura superior, que suxeita o fuste prismático de sección cuadrangular no seu extremo inferior e octogonal no resto. Un artístico capitel, decorado con querubíns nos lados e volutas nas esquinas, soporta a cruz florenzada de sección cuadrangular e arestas rebaixadas. No seu anverso, baixo cartela, efixie de Cristo crucificado con coroa de espiñas na cabeza, que inclina ó lado dereito. As mans aparecen abertas e amosa o pé dereito sobre o pé esquerdo. E no seu reverso, a Virxe co neno sobre media lúa.
Os cruceiros laterais son máis simples, con cruz florenzada, de sección cuadrangular e arestas rebaixadas, con medallón circular co rostro de Cristo en relevo no anverso e medallón coa Dolorosa no reverso (con diferenzas en ambos os dous cruceiros), capitel moldurado, fuste octogonal, base cúbica cunha roseta grande e sobre plataforma dun piso de granito no cruceiro da dereita e sen plataforma no da esquerda.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Un dos cruceiros laterais foi derrubado por un coche en xaneiro 2018, mais xa está restaurado.
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.1065.php
https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.1070.php
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/2702206.html
BIBLIOGRAFÍA:
– Cruceiro incluído no relatorio “Relación entre os cruceiros e cruces da Terra Chá e os seus santuarios. Concello de Guitiriz (III)” presentada por José Manuel Blanco Prado e publicada no libro “Actas do V Congreso Galego de Cruceiros”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2014. Pax. 28, número 9.1.
– ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel: “Cruceiros de Guitiriz. Catálogo de Cruceiros de Terra Chá”. Ediciós do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos número 81. 1999. Cruceiro número 49, pax. 126
– GAY MÉNDEZ, Aurora:”O concello de Guitiriz”. Editado pola Deputación Provincial de Lugo, 1995. Pax. 165
– Cruceiro incluído no relatorio “Os cruceiros da Terra Chá: Características xerais e algúns exemplos notables”, presentada por Fernando Arribas Arias e publicado no libro “Actas do Iº Congreso Galego sobre “Cruceiros e Cruces de Pedra””. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2009. Pax. 169
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.239815865409Lonxitude: -7.8580355644226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84