Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: O Pino
Parroquia: Gonzar (Santa María)
Lugar: A Ponte Puñide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Por estas terras cruzou no seu día (do mesmo xeito que hoxe o fai o Camiño de Santiago) unha vía romana, da cal dá testemuño esta pequena ponte de época romana, con dous arcos de medio punto, que salva o leito do río Mera.

Segundo os historiadores, no lugar onde se sitúa esta ponte, é posible que existise un asentamento romano, dada a proximidade da Vía XIX, que unía Braga con Astorga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No ano 1913 localizáronse varias pezas romanas, entre as que destacan dúas, hoxe en día expostas como tesouros no Museo Arqueolóxico Nacional. Estas son:

– O modio de Ponte Puñide: un vaso cilíndrico de bronce datado no século IV d. C., utilizado polos romanos como unidade de medida de grans (legumes e froitos secos) e outros áridos. Ademais foi utilizado como unidade básica dos intercambios e como moeda. A importancia deste modio (latín, modius), atópase na inscrición escrita en latín, que recolle a mención dos principais curiae das cidades (Vicarius Marius Artemius), que estaban ao cargo de colleitar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), quen estivo asociados ao poder entre 367 e 375. Na parte superior atópase unha inscrición alusiva á súa capacidade (10 litros): (M O D I I L (E X), IVXTA SACRAM IVSSI [ON] EM DOMINORVM NOSTRORUM VALENTINIANI VALENTIS ET GRATIANI INVICTISSIMORVM PRINCIPVM, IVBENTE MARIO ARTEMIO V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE) VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i), C V R (A N T I B V S) POTAMIO ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS).

– Unha escultura do século I en bronce: que representa a un home novo co cabelo moi ben tratado, con guechos que caen sobre a fronte, tocado e velado (é dicir capite velato). Está en actitude de sacrificio. Os seus trazos faciais consérvanse moi ben: mesmo se observa o iris. Viste túnica con mangas e toga, colocada segundo o estilo altoimperial co balteus. Aparece con calzado señorial. Mide 31 cm de altura. Identificado como xenio do fogar, o espírito que protexía persoalmente a un home. É a representación do pater familias que ofrece libacions diante do altar dos deuses. Este xenio da casa estaba colocado no larario, ou altar, xunto cos deuses predilectos da familia. Este tipo de esculturas seguen o modelo das estatuas togadas realizadas en mármore que representaban a homes ilustres e erixíanse no foro da cidade. En Hispania acháronse varias representacións similares a esta en Itálica e Augusta Emérita.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
PXOM do Pino (Pax 3 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OPINO/documents/0305CA001.PDF

http://www.patrimoniodeopino.es/index.php?option=com_content&view=article&id=152&Itemid=193&lang=gl

http://www.viasatlanticas.depo.gal/vias_romanas.html

https://es.wikipedia.org/wiki/Modio_de_Ponte_Pu%C3%B1ide

http://www.man.es/man/dam/jcr:a0eddf2f-91db-472b-b62a-963c0fcb677e/man-cat-2008-tesoros-man.pdf

http://www.cervantesvirtual.com/descargaPdf/el-modius-de-ponte-puide-0/

http://kokita-eri-historiadelarte.blogspot.com/2019/07/modio-de-ponte-punide.html

http://www.patrimoniodeopino.es/images/stories/descargas/ruta-do-rio-mera-cast.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O seu estado de conservación é deficiente, a maleza oculta practicamente a ponte.


Onde está localizado

Latitude: 42.948343248111
Lonxitude: -8.3356889791679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84