
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio de carácter institucional, situado no núcleo urbano da vila, construído a principios deste século por unha institución cultural cubana para escola municipal pois Cuba foi o destino preferente dos emigrados do Concello e da redonda que traballaron no mercado de Flores antes da chegada da Revolución Castrista. Recentemente, no ano, 1987, foi rehabilitada para albergara-las oficinas do Concello.
O volume de traza cubica erguese por riba do nivel da rúa, accedendo o edificio a través dunha escaleira de pedra de tramo lonxitudinal sinalando o eixo de simetría que compón os vans da fachada principal. A parte central do edificio queda remarcada polo emprego de cantería no paramento e maila portada de entrada con arco de medio punto e flanqueado por dúas pilastras situadas baixo unha moldura quebrada a maneira de cornixa. No nivel superior unha fiestra, modelo semellante as que compoñen o resto do edificio. A planta baixa conta con outros dúas entradas as oficinas, unha no lateral e outra na parte posterior. Como xa queda dito a pedra ocupa un lugar destacado na composicion, empregándose tamén nos esquinais, no zocalo e na liña da cornixa. Esta queda interrompida na fachada principal por un tramo curvo de cantería cunha fiestra circular no medio. O resto dos panos quedan rebocados e pintados de branco. A cuberta ten tella curva do pais, disposta a catro augas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.82159968808063Lonxitude: -9.087903499603271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 30, 2011
Coma información adicional, engadir o enlace ao catálogo das N.S.P.
(1996) vixentes en Carnota:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf