Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Esteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de vivendas tradicionais que o PXOM de Muros do ano 2010 define como : “Conxunto de edificacións en cantería con planta rectangular con balcóns á fachada”. Este conxunto salvouse da degradación da súa arquitectura tradicional e a día de hoxe as casas están a ser rehabilitadas dunha maneira máis acorde as súas características estruturais. O non estar situado preto da costa e da vía de comunicación máis importante, a estrada C-550 que substituíu ao Camiño Real que comunicaba con Muros e Noia, puido ser a causa da súa conservación. Por aquí pasaba este antigo camiño e neste lugar había una “casa de posta”, que eran os establecementos onde se facía o cambio de cabalerías das carruaxes, coma a “dilixencia de Belarmino” de principio do XX, que podemos ver na foto secundaria da ficha. Algunhas destas casas de posta tiñan pousada para os viaxeiros. As casas están a ambos lados do camiño a teñen tellado a dúas aguas e ventanas enrasada, algunhas delas amosa fermosos balcóns de forxa e bo traballo de mampostería e sillería de granito nos seus muros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez, Francisco. A freguesía de Santa Mariña de Esteiro, Cuadernos: Cruceiro do Rego. Ed. Toxosoutos. 2004. ISBN: 84-96259-31-5
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA012.pdf
(páxina 15 de 26)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7942197439
Lonxitude: -8.98833990097
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84