Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes
Parroquia: Ardemil (San Pedro)
Lugar: Mesón do Vento
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Templo de planta rectangular dunha soa nave e capela maior. Os de dous volumes están diferenciados en altura, a nave principal máis alta ca capela maior. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave, e a tres sobre a capela, todas elas con tella curva do país.
A fachada principal de traza sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso con arco rebaixado. Sobre o ingreso un oco de luz que dá luz o interior. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana franqueada por dous pináculos piramidais. A espadana consta de dous corpos, o primeiro formado por arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Salamanca pola Casa Cabrillo. O segundo corpo, un frontón triangular curvo sobre cornixa e franqueado por dous pináculos piramidais. Remata o conxunto unha cruz celta. Á esquerda da porta principal hai unha placa coa inscrición; “EN EL 50 ANIVERSARIO DE LA CONSTRUCCION DE / ESTA IGLESIA SE BENDICE ESTA PLACA / CONMEMORATIVA CON LA QUE SE QUIERE / AGRADECER A LA SEÑORA CELSA Y A TODOS / AQUELLOS QUE DONARON GENEROSAMENTE SU / ESFUERZO, TIEMPO Y DINERO PARA LEVANTARLA / MESON DO VENTO, 6 DE DICIEMBRE DE 2014 / (AÑO JUBILAR DE SANTA TERESA)”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.151145968686
Lonxitude: -8.3856059410397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84